Xa temos falado en máis ocasións dos libros de Adela Turín como autora de álbums imprescindibles para abordar o tema da igualdade de xénero. Hoxe imos recomendarvos Las cinco mujeres de Barbanegra publicado pola editorial Lumen con ilustracións de Nella Bosnia. Ogallá que a editorial Kalandraka nolo ofreza tamén en galego proximamente, igual que ten feito con Rosa Caramelo ou Artur e Clementina.
Todos os libros de Adela Turín son un referente para traballar a coeducación: neste álbum dálle unha necesaria volta aos contos tradicionais nos que a muller se amosa sempre sumisa ás ordes do seu rico e intransixente esposo para falarnos de cinco princesas independentes que non só logran a súa liberdade senón machacar ao marido opresor. E, xa de paso, ofrecernos unha lección de independencia e ledicia: ningunha muller precisa depender dun home para vivir plenamente.

Sen comentarios
Publicar un comentario