Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/04/13

A decisión de Valerio

Do ano 2005 é A decisión de Valerio de Xabier Docampo: un libro publicado pola editorial Xerais e ilustrado por Xosé Cobas, que desta volta semella conter a súa "marca" persoal da dozura e delicadeza feita debuxo para nos ofrecer unhas ilustracións simpáticas e "alongadas" ben acaídas co tema que ocupa Xabier, un relato que queremos facer oral pola idiosincrasia. Polas súas características é o libro que escollemos para realizar unha actividade... da que nada podo dicir polo de agora.
Vivir segundo as nosas propias decisións. Que doado semella e que complicado resulta as máis das veces! O noso protagonista, motu proprio, decide rematar coa monotonía da súa vida buscando unha solución que a tod@s sorprende e demostrando que alterar o ritmo normal non provoca ningún tipo de histrionismo senón que procura unha vida mellor que mesmo envexamos: unha doce felicidade que o autor nos amosa con mestura de retranca e  respeto. Unha marabillosa demostración do ben que se pode vivir sen sermos millonarios, algo tan necesario hoxe en día onde só queremos ter máis e máis, mesmo sen necesitalo.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.