Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/04/13

O aprendiz de home do saco


Vén de publicar a editorial Xerais este "medoñento" conto de Antonio Reigosa, O aprendiz de home do saco con ilustracións de Marta Álvarez Miguéns. Un fillo que semella da famosa xeración "nin-nin" e que se perde finalmente nos seus propios soños. Dos que tirar unha moralexa! Iso si, inevitable un sorriso continuo ao ler esta historia dun fillo que non é quen de aprender o oficio do pai, aínda sendo este un oficio tan pouco loable. Pero xa se sabe, a tradición é a tradición... aínda que sexa cun toque de humor.
Coido que a edición é ben fermosa, as ilustracións a dobre páxina semellan en case todas as ocasións como "manchadas", que maxino que é algo procurado polo tema do libro. Por pór defectos, (como somos!) non me gusta o estilo de letra escollido.

Era un home moi vello e moi amolado pois o seu único fillo non quería herdar o seu oficio.
—A ver, fillo, que xa vas grande, e eu non vou estar aquí sempre para manterte.
O rapaz era, en verdade, un nugallán. Nin estudaba, nin …





Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.