Impresionante álbum de Nadia Terranova con ilustracións de Ofra Amit que publica A buen paso: Bruno. El niño que aprendió a volar. Unha homenaxe a un escritor asasinado polos nazis por ser xudeu. Un mundo fantástico, case onírico, que nos leva da man para percorrer poeticamente a vida dun artista malogrado polo fanatismo. Unha homenaxe que paga a pena ter en conta, xa que ao principio só sabemos que estamos a ler a vida dun neno torpe con cabeza grande, pero que é moi curioso e atento, e que lembrará a seu pai morto cos seus debuxos e a súa escritura.
O mellor do álbum é quizais esa alegoría constante na que nunca se fala de Holocausto nin de morte nin sequera de disparos: unha onomatopea, unha desaparición, e moitos recordos, textos e debuxos.
Dos mellores álbums que teño lido ultimamente.
E as ilustracións... magníficas!
Sen comentarios
Publicar un comentario