Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/05/13

Aula Antonio Reigosa

Onte foi outro deses días extraordinarios que a min me deixan totalmente exhausta pero completamente satisfeita. Recibir un escritor, amigo, e que a homenaxe saia ben, que os bos momentos sexan todos, e que as brétemas que ás veces nos alcanzan cheguen a desaperecer... Temos un alumnado marabilloso, entregado, simpático... disposto a quedar sen recreos, a facer horas "extras" para agasallar cun álbum, para ensaiar unha obriña. Estou absolutamente rendida á súa xenerosidade.

Por suposto, Reigosa deleitounos coa súa retranca e os seus contos. Como o d ' "O gato con botas" en versión moderna. E contestou preguntas e o tempo voou.
Para completar o día, entrar no Facebook e ler en "Galicia encantada:

Un día feliz, moi feliz. Estiven no IES Pintor Colmeiro de Silleda, cos alumnos e alumnas (unha delas deume unha aperta inesquecible) e con profesores e profesoras que me aprezan. E, ademais, puxéronlle o meu nome (...?) a unha das aulas daquel inmenso centro escolar. Comparto aula con Xabier P. DoCampo, con Carlos Negro, con A. Fernández Paz, con Fina Casalderrey, ... Un bico no aire para ti, Trafegando Ronseis. Cando haxa fotos, probareino todo. Prometo.

E agora atópome con que o compañeiro Cibrán xa realizou o traballo de seleccionar as fotos e fixo unha simpática presentación en slide, co cal teño feito "o choio". Unha marabilla!


Pero, claro está, temos moitas máis fotos...

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.