Un libro precioso, a verdade, onde non son obxectiva porque me namoraron as ilustracións do amigo
Rodrigo Chao. Pero que acaídas resultan con este texto de
Alicia Borrás Sanjurjo en tipografía con letras maiúsculas para primeiros lectores! Así estes poderán gozar da súa lectura autónoma e do descubrimento do seu propio corpo, xa que
O señor Corpo quere xogar publicado por
Xerais descobre en cada páxina unha parte do corpo humano para que o lectorado máis novo adquira novos coñecementos e amplíe o seu abano de primeiras lecturas.
Cun ritmo propio, cada novo-lector-novo poderá ir tomando conciencia das partes do corpo, mentres que a poesía textual axuda xunto coas ilustracións a ir operando esa descuberta necesaria do ser dun mesmo, grazas ás tarefas cotiás ás que cada parte do corpo está destinado.
Un acerto de edición posto que ben nos cómpren textos galegos para unha infancia cada vez máis castelanizada.
Sen comentarios
Publicar un comentario