Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

29/05/13

Con historia

 Jaime Moore, fotógrafa, buscaba inspiración para a celebración do quinto aniversario da súa filla. En lugar de vestila de "princesa Disney" deciciu que a nena debería coñecer cando menos cinco mulleres importantes da Historia.

1.- Susan Brownell Anthony (1820–1906)
Feminista, líder do movemento dos dereitos civís, tivo un papel importante na loita polos Dereitos da Muller no sécul XIX para garantir o Dereito a Voto nos Estados Unidos.




2.- Amelia Mary Earhart (1897–1937)
Célebre aviadora estadounidense que obtivo recoñecemento mundial polas súas marcas de voo e por intentar realizar a primeira viaxe aérea arredor do mundo sobre a liña do Ecuador.




3.- Gabrielle Bonheur “Coco” Chanel (1883-1971)
A deseñadora francesa é unha das figuras máis importantes na historia da moda. Hoxe en día, o seu nome é un referente internacional na industria do luxo e do feminismo.






4.- Hellen Keller (1880–1968)
Autora, activista política, e oradora estadounidense xordocega que, a pesar da súa minusvalía, graduose "Con Honores" na Universidade de Radcliffe, sendo a primeira persoa xordocega en obter un título universitario



5.- Jane Morris Goodall (1934- )
Naturalista, activista e primatóloga inglesa que adicou a súa vida ao estudo do comportamiento dos chimpancés en África e promover estilos de vida máis sustentables en todo o planeta. Hoxe, con 69 anos, segue loitando en favor da natureza.






Emma Moore:


Futura presidenta dos Estados Unidos Quen sabe?…

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.