Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

29/05/13

Tu corazón en un cofre

Incrible álbum dentro da súa caixa publicado por Lumen, Tu corazón en un cofre é de Mercè López con ilustracións de Rebecca Beltrán: relatos que xiran arredor dun só órgano, o corazón; forte ou fráxil, sentimental ou non. Lendas afastadas que volven a este libro en forma de corazón: de xeo, de melón, de cristal... Só coa súa lectura saberedes se seguen latexando aínda despois de seren arrincados. Historias agochadas que agardan, tan só, seren lidas, gozadas e amadas. 
Ollo! Tamén hai instrucións de uso, anuncios, leis universais de atracción de corazóns... e todo tipo de noticias arredor do órgano máis indispensable do ser humano. Estás a utilizalo correctamente?


 
"La reina había pensado que su poderosa magia podría condenar a esos corazones enamorados. Mas dos corazones que prefirieron morir juntos a vivir separados jamás dejarán de latir"


La madrastra de Blancanieves se encaprichó de este ejemplar único que perteneció a la reina amazona Mirina, una mujer bella y temida como una flor venenosa.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.