Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/05/13

El cuento de Auggie Wren

A verdade é que non souben deste álbum ilustrado ata hai ben pouco, sendo de hai 10 anos! En canto tiven noticia, corrín a por el. Un álbum de Paul Auster ilustrado por Isol. Pódese pedir máis? Imposible! Quen edita El cuento de Auggie Wren é Lumen, e seguramente coñecedes ben o texto grazas ao filme "Smoke", xa que precisamente este, publicado como un conto de nadal no "The New York Times" constitúe o seu final.
Quizais o que máis chame a atención deste relato é a fronteira infinda entre realidade e ficción. Algo hai de real no relato? Existiu realmente este personaxe principal de quen se nos di que non podemos saber o seu nome real? As ilustracións de Isol axudan a confundirnos. 

 
Dibujo de Isol

"Me detuve un momento y estudié a Auggie mientras una sonrisa maliciosa se extendía por su cara. No podría asegurarlo, pero en ese instante tenía una mirada tan misteriosa, tan llena de algún profundo regocijo, que de pronto se me ocurrió que había inventado todo. Estuve a punto de preguntarle si me había engañado, pero enseguida comprendí que nunca me lo diría. Yo le había creído y eso era lo único que importaba. Mientras haya una sola persona que se la crea, no hay historia que no sea cierta."

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.