Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/05/13

Salvemos Galicia


O goberno galego quere facer de Galiza unha mina. Está malvendendo o noso territorio, cachiño a cachiño, ás multinacionais mineiras. De paso, saca un Plan Sectorial de actividades extractivas que pon a minaría por riba de calquera outra actividade. Mesmo por riba das que nos permiten obter os nosos alimentos, como se fose máis importante obter minerais que alimentarse.
Non podemos permitirllo. Non deixaremos que nos rouben o noso futuro. Vén connosco o día 2 berrarlle á Xunta que queremos conservar o noso territorio. GALIZA NON É UNHA MINA.


Sinceramente, non entendo un goberno que é capaz de permitir e de asegurar a destrución do seu país. Para quen gobernan?  Pídovos por favor que poñades a vosa man e axudedes a deter esta barbarie. Se é que queren escoitarnos, algo que, curiosamente, semella ben claro que non. Pero non nos rendiremos.

Asina a petición en: http://change.org/salvemosgalicia 

 


Artigo en Marlou.

Artigo en Galicia Confidencial: proxecto económico alternativo.

Engadimos vídeo:

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.