Ofrécenos Kalandraka unha historia divertida nun álbum que chama a atención dende o formato ata as ilustracións: un único primeiro plano que cambia pequenos detalles en cada páxina segundo o mandado do texto xunto a un gato na outra páxina que tamén muda de actitude. Máis nada.
Estamos a falar de Nicomedes o pelado, un libro de Pinto & Chinto onde o humor é a clave necesaria para abrilo e gozar con el. Porque o surrealismo da historia axuda a reflexionar sobre a excesiva importancia que damos ao noso aspecto exterior nesta sociedade que cre que a imaxe exterior é máis importante que a interior, ou mesmo que quedar ben supera a sentirse a gusto con nós mesmos.
A sorpresa de cada páxina vén dada pola procura dunha imaxe definitiva do personaxe que o humor transforma nunha parodia xenial.
A sorpresa de cada páxina vén dada pola procura dunha imaxe definitiva do personaxe que o humor transforma nunha parodia xenial.
Sen comentarios
Publicar un comentario