Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/06/13

Caperucita Roja

Sempre chama a atención calquera libro de Kveta Pacovska, como esta versión de Caperucita Roja dos irmáns Grimm publicada por Kókinos. Por suposto, falamos dunha versión nada convencional na que seguimos a sentir sensacións e todo tipo de sentimentos, pero baixo unha vangarda artística especial onde cada páxina é unha obra de arte modernista onde o abstracto e conto clásico mestúranse e crúzanse constantemente. Como é habitual nesta artista, predominan as cores vivas, sobre todo o vermello, e as formas xeométricas.








Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.