Mulleres violadas posan ante a fotógrafa Grace Brown para "tomar o poder das palabras" e compartir as frases que escoitaron nun dos momentos máis terribles da súa vida. O 'Proyecto Unbreakable'
(Irrompible) recibiu máis de mil fotografías que Brown publica no seu blogue, coas mulleres amosando unha cartolina coas frases dos seus violadores
"Deixa de chorar, pequena zorra. Eu sei que en realidade gústache". Eu tiña 4 anos
"Ti seducíchelo" -(dixo) a familia del. (Eu tiña 17, el 25)
"Desde o momento que termine, ninguén te quererá. Destruireite" -O meu atacante
"Traballas nun centro de axuda para vítimas de abuso sexual, debiches velo vir" -O meu irmán
"Estou profundamente namorado de ti" -Meu pai, eu tiña 13
"Non podes demandarme, pasaron máis de 10 anos, xa expirou. Esquéceo" -Meu pai, eu tiña 50 Miña nai dixo que foi a miña culpa. A miña familia pensa que debo manter a boca pechada.
"El dixo que ti lle deches permiso. É a súa palabra en contra da túa"
"Obviamente, cometiches un erro de borracha e talvez esteas avergoñada de ser lesbiana" - Policía muller (adestrada para a investigación de casos de abuso sexual)
(Esquerda) "Esta noite faremos o que mami e papi están facendo" -O meu primeiro violador
(Dereita) "Esta é a única maneira na que eu podería estar cunha moza coma ti" -O meu último violador
"Es tan fermosa, nena. Por iso elexinte a ti" -O meu tío. 14
Vía
Sen comentarios
Publicar un comentario