Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

18/06/13

Poesía nas aulas: Estevo Creus

Ana Castro e Aitana Ansemil coñeceron en Santiago a Estevo Creus. As súas impresións:

A nosa experiencia na procura de Estevo Creus comezou cunha viaxe a Santiago, xa que el reside alí. Resultou ser unha vivencia fantástica que nos aportou novas perspectivas sobre a poesía galega. Estevo foi moi acolledor e comentounos diferentes puntos de vista sobre a súa forma de escribir e a que público se dirixe. 
Unha das cousas que máis nos estrañou foi que nos dixo que non gusta reler ningún libro agás os de Rosalía de Castro.
Temos que asegurar que nos encantaría repetir algo similar a esta proposta innovadora da aula de Lingua Galega.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.