Se unha actividade foi pracenteira, gorentosa, e cun resultado totalmente satisfactorio, foi esta que planificamos Anxo e mais eu para unir o noso traballo, sentírmonos máis preto, e por buscarmos novas e orixinais ideas para fomentar a lectura na nosa lingua. Ligar Forcarei e mais Silleda, Silleda e mais Forcarei, nunha especie de "amigo invisible virtual" onde o alumnado se recomenda lecturas.
Teño que dicir que non agardaba que isto saíse tan ben. Arestora, vendo o resultado, un sorriso pampo quedoume debuxado na face e durmín con el, agardando que nos dous centros obteña o mesmo resultado. Ambos estivemos en ambos, ambos estamos afastados en ambos, e ambos botamos de menos ambos. Non, non é un xogo lingüístico. Aínda que eu teño unha vantaxe sobre el: a maior parte de alumnado que sae no vídeo foi tamén meu, polo que o cariño é meirande.
Hoxe si que agardo os vosos comentarios!!!
Hoxe si que agardo os vosos comentarios!!!
7 comentarios:
Mola mogollón
Unha idea xenial, da que se pode tirar moito proveito
Moi interesante a actividade. Eses libros nas mans indo e vindo, ese agasallo imprescindible!
Son Belén, a nova encargada da biblioteca do CEIP Xesús Golmar e paréceme un bo traballo e unha fermosa proposta a ter en conta...
Parabéns a todos os implicados na difusión da lectura como un agasallo e non como un complemento do estudio.
Preciosa a idea!
Unha idea marabillosa, seguide asi
EStupendísima idea! Noraboa
Publicar un comentario