Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

17/06/13

Poesía nas aulas: Vázquez Pintor

Lucía e Rebeca tiveron a oportunidade de coñecer a Xosé Vázquez Pintor. O escritor foi tan xeneroso e amable que estivo en Silleda coas dúas alumnas, pasando unha tarde ben agradable. Estas son as súas palabras.

Di Lucía:

Pareceume unha boa idea dende o primeiro momento, xa que é unha boa maneira de achegarnos ao mundo da poesía e os seus autores.
Foi moi agradable a experiencia de contactar cun autor coma Don Xosé e ensinarlle Silleda, onde nós vivimos, e onde el había tempo que non estaba.
Despois de facerlle a entrevista gozamos nun dos bares de Silleda dun refrixerio e da súa compaña, así como tamén das anécdotas que nos foi contando co transcurso da tarde.
Cando ía marchar convidounos a visitalo na súa casa de Cangas, a nós e ás nosas familias, mesmo co resto da clase.
Alégrome de ter feito este traballo, xa que foi unha experiencia nova e gratificante.

Con Rebeca:


Con Lucía:


Agradecemos a Vázquez Pintor a súa colaboración neste traballo "experimental" que agardamos teña continuidade.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.