Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/09/13

Fashion Victims

Acción urbana inspirada nos recentes acontecementos en Bangladesh -onde morreron 1127 traballadores polas malas condicións dos talleres téxtiles- que pretende dar visibilidade a quen realmente é "fashion victim": os traballadores escravizados, a explotación infantil e o millóns de prexudicados pola contaminación que producen as fábricas nos países de produción.
Nesta acción, varias blogueiras aparecen sepultadas baixo cascallos nunha rúa de Madrid para recordar as imaxes publicadas da traxedia de Bangladesh: pódense ver luxosos complementos. 
Recoméndovos o blogue de Yolanda Domínguez, artista pola igualdade que tiven a oportunidade de coñecer en Lalín e de escoitala marabillada, así como tamén puiden admirar algunha da súa obra no museo dezao: todo un luxo.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.