Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/10/13

Non á violencia contra as mulleres (CCCXXXIII)

"Conversa cunha muller morta", de Sonia Méndez, premio Mestre Mateo á mellor curtametraxe. 
Esta curta aborda a violencia de xénero dende a súa ollada.

Luís acaba de saír do cárcere onde cumpría condena polo asasinato da súa muller Helena, cometido quince anos atrás. Cando este chega á gran casa que ambos compartían, ela aparéceselle "de entre as mortas" para manter unha conversación con el. E é que ás mulleres curiosas como Helena, a xustiza dos homes non lles parece suficiente...

Déixovos a ligazón xa que non está permitido colgalo no blogue. Non deixedes de premer para vela.

1 comentario:

María Jesús dixo...

Estupenda. Moitas grazas

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.