Para primeiros lectores, como ben nos indica o grosor das súas páxinas, publica Kalandraka este simpático Renato de Manolo Hidalgo. Un animal cunha cornamenta moiiiiiiiiiiiii grande que provoca a burla dos seus compañeiros do bosque. Así que o bo de Renato decide buscar unha pronta solución... que se converteu nun extraordinario problema! Pero non ocorre nada que non se poida solucinar, xa veredes. Só hai que ser optimista e procurar outras vías.
Álbum tenro de poucas palabras e imaxes esquemáticas que están dotadas de gran expresividade.
Sen comentarios
Publicar un comentario