Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/11/13

La esperanza es una niña que vende fruta


Acostumados como estamos ás marabillas que non proporciona Libros del Zorro Rojo, este álbum xa case non nos sorprende. La esperanza es una niña que vende fruta de Amrita Das é un álbum que fala de mulleres. A autora, durante unha viaxe en tren, analiza o valor da muller na sociedade india, a súa sociedade. Ollando unha nena, preguntándose sobre o seu destino, está a falar da muller na India. Aínda con todas as limitacións que isto supón, a última chamada é a esperanza, a confianza nun futuro mellor.
As ilustracións que utiliza, da arte popular de Mithila chamada mathubani, propia das mulleres das comunidades rurais de Bihar, son de carga simbólica, e a autora combínaas con detalles actuais (móbiles, punkis...). Coa combinación de texto escaso e ilustración ricaz, temos nas mans unha obra de trasfondo esencial, unha impresionante representación da sociedade, do sexismo, da situación da muller na India, o que converte este libro nun indispensábel dos nosos andeis.

"Debemos aceptar lo que tenemos, andar nuestro propio camino e intentar sacarle el máximo partido a la vida."

"Desde que nacemos, algunas cosas nos vienen dadas. Pero lo importante es prestar atención a los cambios que dala vida y cómo podemos caminar hacia el futuro."




 




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.