Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

01/11/13

Un hipopótamo na bañeira

Moito lle agradezo á editorial Lata de Sal esta súa colección "Vintage" onde vou descubrindo álbums ilustrados de hai anos que nunca ata aquí chegaran antes. E ademais, en galego. A perfección!
O libro que nos ocupa arestora é Un hipopótamo na bañeira de Kyoko Matsuoka coas ilustracións de Akiko Hayasahi (que sexan xaponeses é coincidencia temporal, a verdade). Un álbum cheo de fantasía e diversión que ao mesmo tempo destila tenrura e unha bañeira sorprendente onde todo cabe. Que máis se pode pedir?
Un álbum do ano 82 de dúas autoras consagradas en Xapón.

«A min encántame bañarme. Cando vou entrar no baño, sempre levo comigo o meu parruliño Pukka. A Pukka tamén lle encanta bañarse. Cando abro a porta soa… clic-clec-clac. O chan do baño é moi escorregadizo. Hai que ter coidado»

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.