Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a
Rosalía. Así, organizándose a través das redes sociais, decidiron
colaborar na gravación dunha segunda parte do vídeo colectivo Todas con
Rosalía, cuxa primeira parte pode verse aquí.
Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos, falando dos
que aquí e agora sofren. Este vídeo coral pretende seguir o exemplo de
conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos
desde o presente.
Sen comentarios
Publicar un comentario