Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

01/03/14

Gatos de película


De todos os libros que está a publicar Lata de Sal na súa colección "Gatos" este foi o que máis me gustou: cine gatuno para pescudar os verdadeiros filmes que hai detrás. A que tal traballo nos facilita é Susan Herbert, quen nos propón un fascinante xogo con diferentes escenas de películas inesquecibles que debemos procurar na nosa memoria. Orixinalidade e enxeño mestúranse para crear unha obra singular e orixinal.
Desde logo, se vos gustan os gatos, este libro seravos indispensable. Se vos gusta o cine, o álbum procuraravos un divertimento. Fixádevos nestas ilustracións e comprobarédelo.


 

"Casablanca”, “Sorrisas e lágrimas”, “O que o vento levou”, "La dolce vita”....

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.