Sempre puntual a nosa prezada colaboradora Carme. Hoxe ofrécenos a súa última lectura:
Alessandro
Baricco nunca defrauda. E con Tres
veces al amanecer (Anagrama, 2013) evidencia, unha vez máis, a súa
mestría na destreza narrativa. Para aqueles que leron Mr. Gwyn, seguramente
este resulte un título recoñecible, pois alí cítase como a obra dun autor
angloindio, pero será nestas páxinas cando se desenvolva unha historia, en
palabras de Baricco, “autónoma e completa”.
Tres relatos breves
que narran tres encontros fugaces entre un home e unha muller. Sempre os
mesmos. O lugar, un hotel, sempre distinto. O tempo, diferente en cada caso e
só entendible na engranaxe ficcional. Non tratemos de aplicarlle unha lóxica
temporal, porque non resultaría. 1º conto: temos a unha muller fermosa que
atravesa o luxoso vestíbulo dun hotel e tropeza cun home de negocios, sentado
nunha butaca, á espera de marchar a unha cita de traballo. Falan e amence.
Final desconcertante para o lector/a. 2º conto: unha parella entra nun hotel
sórdido e periférico. Ela, adolescente; el, rufián agresivo. Ela, baixa buscar
toallas onda o porteiro e comezan a falar. Amence e chega o final: esperanzador
para ela. 3º conto: unha policía, a
piques de xubilarse e encargada de protexer a un neno na habitación piollenta
dun hotel, decide desobedecer ordes e levalo a outro lugar, cerca do mar. Amence
no camiño. Final de interrogantes.
O destino, e a
posibilidade ou non de escapar del,
xunto coa primeira luz do día que redefine os contornos do que nos rodea,
axudan a tecer estas tres historias.
Nelas, o narrador, cunha linguaxe cadenciosa e precisa, ofrece unha novela que
logo de ser lida por primeira vez, merece o pracer da relectura, para saborear
mellor os detalles.
“El hombre se lo pensó un rato. Luego
dijo que hay que ir con cuidado, cunado uno es joven, porque la luz en la que
se habita de joven será la luz en la que se va a vivir para siempre, y esto por
una razón que él nunca había entendido. Pero sabía que era así. Dijo que
muchos, por ejemplo, son melancólicos de jóvenes y entonces lo que les ocurre es que siguen
siéndolo para siempre. O han crecido en la penumbra y la penumbra los persigue
luego durante toda la vida “ (páx. 55)
Sen comentarios
Publicar un comentario