Hai tempo que Ramón Nicolás me pediu que estivese presente no seu blogue con este cuestionario. Finalmente, mergullada nun mar de dúbidas, aquí está.
1.– Principal trazo do seu carácter?
- A paixón, seica.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
- A entrega. E a honradez, a todos os niveis.
3.– Que agarda das súas amizades?
- Amizade, co que iso significa.
4.– A súa principal eiva?
- Ui, son tan lacazana que ata me custa pensalo!
5.– A súa ocupación favorita?
- Gozar da presenza –escasa- dos meus fillos. E ler, claro.
6.– O seu ideal de felicidade?
- Sentirme querida.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
- Que lles ocorrese algo aos meus fillos, como a de todas as nais. Son pouco orixinal!
8.– Que lle gustaría ser?
- Pilota de Fórmula Un.
9.– En que país desexaría vivir?
- Cóntoche un conto?
10.– A súa cor favorita?
- O amarelo.
11. – A flor que máis lle gusta?
- O nenúfar. E os nosos montes tinguidos de amarelo!
12.– O paxaro que prefire?
- O moucho. E o colibrí dende que o vin moi pretiño.
13.– A súa devoción na prosa?
- Moreas. Menos a ciencia ficción…
14.– E na poesía?
- José Ángel Valente, por razón persoais de descuberta. E moitísimos máis!!!
15.- Un libro?
- Hai respostas imposibles!
16.– Un heroe de ficción?
- O Capitán Trueno, pola infancia compartida e relida miles de veces con el.
17.– Unha heroína?
- Agora non, grazas.
18.– A súa música favorita?
- Depende das circunstancias. No coche, algunha que poida ir cantando. Na casa, jazz.
19.– Na pintura?
- Laxeiro: a terra tira. Edward Hopper…
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
- Non sei os seus nomes, non saen nos xornais, pero tentan saír adiante cada día.
21.– O seu nome favorito?
- Gloria.
22.– Que hábito alleo non soporta?
- Cos anos estoume volvendo máis intolerante, creo. Se a corrupción é un hábito, pois ese. Pero a chulería, a vaidade, a prepotencia…, tampouco as aturo moi ben.
23.– O que máis odia?
- O machismo agochado que sabe enganar.
24.– A figura histórica que máis despreza?
- Calquera ditador.
25.– Un feito militar que admire?
- O cabalo de Troia.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
- Unha voz fermosa para cantar, unha boa man para pintar…,, cantos folios me dás?
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
- No medio dun ataque de risa.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
- A saber…
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
- Menos a pura maldade, calquera.
30.– Un lema na súa vida?
- Non fagas aos máis o que non queres que che fagan a ti.
1 comentario:
Ghuapiñññaaa e con carácter... GALEGO.
Publicar un comentario