Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/04/14

La casa

Publica a editorial A buen paso este libro-álbum de Daniel Nesquens e Mercé López, La casa. Fixádevos o agasallo que nos propoñen antes de lelo: a cuberta ábrese coma un póster onde atoparemos a cara exterior da casa por un lado e polo outro o seu interior poboado de obxectos estraños. Un dos agasallos está aí: convídannos a inventar as nosas propias historias a partir deles.
O libro fálanos de relacións familiares: fillo con fillo, avós con fillo, pai con fillo. De afectos, de relacións, de complicidades. E de fondo, unha misteriosa casa chea de fantasía, onde se mesturan os contos de terror e os enigmas con dor. A atmosfera que a tingue está tensada polas sombras e conta coa ambigüidade.
As ilustracións que acompañan este misterio afondan máis nel, exaltando a complicidade entre pai e fillo e xogando como pano de fondo co espello de Alicia, mentres vermello e negro combinan perfectamente e con comodidade.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.