Fotografías que son un espazo de reflexión sobre a situación da muller de Shadi Ghadirian
(1974), fotógrafa iraniana que encaixa elementos modernos da cultura contemporánea nos retratos para provocar un pensamento: pasado versus modernidade das mulleres do seu país.
Estoutra serie de fotografías amosa siluetas de mulleres baixo un chador, onde a face feminina é substituída por un obxecto do fogar para reflexionar sobre a vida cotiá das mulleres, pero tamén sobre a identificación destas con eses obxectos e cunha vida que xira arredor deles. Non só critica a vestimenta, senón a universalización da muller-obxecto, vista como vista.
Sen comentarios
Publicar un comentario