Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/05/14

Bululú

Faktoría K publica este curioso poemario de Beatriz Giménez de Ory con alegres e coloristas ilustracións de Mariona Cabassa: Bululú. Este nome vén a ser algo así como un actor que viaxaba a pé de vila en vila para interpretar el só todas as personaxes da súa historia coa fin de entreter. A súa orixe localízase na Galiza a finais do século XVI, e podemos consideralo como un antecesor dos nosos actuais "contacontos". O que facía este actor era tentar que o espectador puidese maxinar todo o que el estaba a interpretar.
Así que este libro que nos ocupa é unha recreación dese personaxe do que vos falamos. Bululú atrae a atención do espectador cos seus monicreques e os seus poemas. E para isto a autora emprega composicións tradicionais que nos fan viaxar á época xograresca e gozar co enxeño dos títeres que compiten polo amor dunha compañeira de viaxe.
Unha homenaxe á Literatura Tradicional.
 


A autora:

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.