Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/05/14

Cocorico na tvg2

 Un dos personaxes de conto máis coñecidos polas nenas e nenos, o pitiño Cocorico, dá o salto á pantalla coa serie do mesmo nome, coproducida por OQO filmes e a Televisión de Galicia, que se empezará a emitir o vindeiro 12 de maio naTV G2. 
 A serie Cocorico, destinada a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, narra a vida cotiá dun pitiño rebuldeiro, curioso e, sobre todo, aventureiro. E faino dunha forma divertida, chea de acción, intriga e, sobre todo, sentido do humor, sen esquecer os aspectos didácticos.
Esta é a páxina oficial da serie en Facebook, destinada a pais e mediadores. Nela iranse presentando os personaxes e dando conta dos horarios de emisión etc.

Ola amigos!!! Hoxe empezamos coa presentación dos personaxes desta nova serie de debuxos animados. O primeiro que imos coñecer é o protagonista: COCORICO

Cocorico é un pitiño moi riquiño, xoguetón e inocente. Ao mesmo tempo, é moi obediente e sempre lle axuda a súa nai nos traballos do fogar, como deben facer todos os nenos. É intelixente e aventureiro, aínda que un pouco asustadizo e temerario. Gústalle aprender e probar de todo pero sen tomar decisións arriscadas que o poñan en perigo.
Cocorico é un pitiño moi bo, o que fai que teña moitos amigos e que os veciños lle queiran ben.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.