
Un dos grandes, John Burningham, é o autor de ¿Qué prefieres....? de 1978 publicado por Kókinos. Un catálogo de situacións absurdas, humorísticas, algunhas máis reais, que consisten nunha dúbida permanente: cantas cousas podemos desexar? Hai aquí opcións para dar e tomar, só cómpre unha boa manchea de maxinación. Cor e humor a partes iguais, xa que as ilustracións tan expresivas e espontáneas reforzan a idea de que todo é posible.




Sen comentarios
Publicar un comentario