Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/05/14

Multiplicar doutro xeito

Curioso método para realizar multiplicacións sen necesidade de utilizar a táboa de multiplicar. Suficiente con trazar unhas liñas e contar puntos...
Para Anxo e Cibrán, matemáticos de raíz... cadrada!


Vía

3 comentarios:

Cibrán dixo...

Quixen multiplicar 97x78 e armei un taco!!
Sería mellor que o explicaras noutra entrada por exemplo coas cifras esas que intentei eu... a ver onde fallo.

Ronsel dixo...

Niso estaba eu pensando! Vaiche boa... cantos puntos haberá que contar aí????

Anónimo dixo...

Ola, a min pareceume curisísimo o método, creo que é como multiplicaban os mayas. E non tiven problema para facer 97x78, no grupo da dereita saen 56 puntos (8x7), no medio me saen 121puntos (9x8+7x7) e + 5 que veñen do grupo anterior 126, e á esquerda 63 (9x7) e sumandolle 12 do grupo anterior teriamos 75, o resultado final da 7566.
Saúdos
Anxo Boiro

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.