Aprender a amar os libros e aprender a ler grazas á editorial Kalandraka. Unha vez máis, recurro á sabedoría de María Jesús, quen adoita adiantárseme e recollo as súas palabras. Vou ter que lle pagar dereitos de autor e cafés varios polo favor!
Tres novos títulos "Piñeiro",
"Violín" e "Zapato" na súa estupenda colección "Do berce á Lúa", dirixida
aos máis pequenos. Repiten a fórmula coñecida de pictogramas
poéticos, nun formato perfectamente adaptado ás pequenas mans dos
receptores. O texto de Antonio Rubio, destinado a ser aprendido e
reproducido polos nenos e nenas que aínda non len, constrúese a base de
ritmo, repeticións, rimas e onomatopea, e as ilustracións teñen a
expresividade e a calidade que lle son propias a Óscar Villán (Premio
Nacional de Ilustración). Ilustracións que son sinxelas e recoñecibles, lenes, sutilmente axeitadas. Grafía idónea e texto coherente e repetitivo. Pois si que dan ganas de ter unha netiña ou un netiño para gozar con eles e estes libros!
2 comentarios:
Tomo nota dese café.
Convidada quedas, ben seguro!
Publicar un comentario