Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

18/07/14

As tres princesas pálidas

 
 Con texto de María José Martín Francés e ilustracións de Carole Hénaff, publica Kalandraka As tres princesas pálidas. Fermoso conto clásico con rimas e repeticóns que nos lembra a estética da tradición que se inicia coas mil e unha noite noites. Maxia e maxín para un fermoso texto con ilustracións moi arábigas en tons pastel e forza dinámica onde non faltan nin os astros nin a natureza, nin por suposto un abano de situacións e sentimentos variados que os humanos posúen.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.