Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

18/07/14

Caspervek

 
Veño de asistir un ano máis a un curso de Igualdade que se organiza aquí en Lalín: X Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades 2.0. E cada ano que pasa sorpréndeme máis a calidade do mesmo. Todas as conferencias -algunhas por referencia porque eu non asistín a todas- son necesarias, en todas se aprende e de todas tiramos leccións indispensables para a coeducación e a igualdade real. Como remate, houbo música. Desa música que pon os pelos de punta a cargo de CASPERVEK TRIO, que nos agasallou co seu espectáculo "Omnes", Sinfonía Visual en 9 movementos. Déixovos o tráiler que topei en Youtube, que pouca realidade amosa, a verdade. O vídeo que proxectaron a carón da súa música deixounos sen respiración. Literalmente. Eu, cando menos, tiven que deixar de mirar.
 E se algún día tedes a oportunidade de velos en directo, non o pensedes. Paga moitísimo a pena!!!:

1 comentario:

Ronsel dixo...

Moitas grazas pola ligazón. Saúdos

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.