Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/07/14

Manual do bo paseante

 
Xenial novidade de Kalandraka con prólogo de Carl Honoré; o autor,  Raimon Juventeny realiza en Manual do bo paseante unha crítica á tendencia actual da sociedade de andar sempre a correr e reivindica en vinte puntos o pracer da dar un bo paseo, de ollar o que temos ao noso carón, de escoitar, de reflexionar e de deixar, asemade, as preocupacións para relaxarnos cunha andaina tranquila. Porque esta pode converterse na mellor arma contra ese mal moderno chamado estrés e contra calquera factor que trastorne a relación das persoas coa súa contorna. Deixemos, de cando en vez, dicorrer o tempo, acompañémolo relaxadamente e gocemos do que temos dando un fermoso paseo. Isto é un eloxio da lentitude, a esencia da felicidade.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.