Adaptación a cómic da obra de Gaston Leroux por Christopher Gaultier e publicado por Impedimenta: El fantasma de la ópera é, xa sabedes, unha historia de amor fantástica e mesmo terrorífica. Pero, por suposto, o que destaca nesta versión vai ser o grafismo. Pareceume unha edición magnífica, cativadora, que interpreta maxistralmente a atmosfera fantástica da narración primixenia e toda a dor que pretendía transmitir o personaxe principal. O importante desta versión vén a ser a viñeta, a miaxe, esa que impacta en cada nova páxina. Conta o xusto e resalta a súa factura coidada.
O autor consegue cos seus debuxos e con total fidelidade tranmitirnos a forza dunha pantasma que é un home na procura da súa redención: o amor, mentres viaxamos polo París finisecular e comprendemos a pompa do teatro da ópera. O ambiente decimonónico é inmellorable mentres descendemos ao inferno do protagonista.
Xenial adaptación para vibrar, aterrar e agradar. Aquí está todo. Unha marabilla.
Sen comentarios
Publicar un comentario