O que significa unha nena para mil pedófilos
Unha organización holandesa para os dereitos da infancia creou unha nena chamada “Sweetie” para cerciorarnos do que significa a explotación infantil.
Sweetie parécese moito a outras nenas filipinas. Con dez anos, segundo o seu perfil, pasa os seus días online atendendo solicitudes de homes que lle ofrecen cartos para levar a cabo actos sexuais fronte á cámara. Foron 20 mil as persoas que contactaron con ela en tan só oito semanas. A organización que estaba detrás reunía correos electrónicos, páxinas de Facebook e fotos para entregar á Interpol.
Sen comentarios
Publicar un comentario