Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/01/15

Rosalía de Castro. Poesía completa ilustrada

Se aínda dubidades cos agasallos, con este tédelo fácil. Son cinco tomos marabillosamente editados por El Patito Editorial. Cinco tomos arredor da nosa gran poeta Rosalía de Castro. Nalgunha outra ocasión xa falamos dun deles. E aquí, na páxina da editorial, podedes velos todos. Non imos falar de Rosalía de Castro, por suposto. Só falar desta extraordinaria colección: calquera dos seus tomos paga moito a pena. Este que vén de se publicar ultimamente, o quinto, supón unha compilación de poemas soltos tanto en galego coma en español que non están en ningunha das súas obras coñecidas. As magníficas ilustracións veñen da man de Manolo Figueiras.









Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.