Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
31/03/15
Joan Baez sings Rosalía de Castro
Xa que estaba Miguel Veiga no concerto de Joan Baez e mandounos un anaco da canción, coido que debo traela ata aquí:
Mecanistiario
Hoxe traemos un álbum que
non é exactamente un álbum porque non é exactamente un libro. Cando
menos, non o formato de libro que estamos acostumados a ler, coñecer e
recoñecer. Estamos ante unha publicación orixinal e imaxinativa que nos
propón Enrique Quevedo na editorial Tres Tigres Tristes co nome Mecanistiario.
Así, baixo unhas cubertas ilustradas, atopamos un despregable con forma
de acordeón, que debemos ler por un lado verticalmente e polo outro
horizontalmente; daquel temos o ciclo vital do Animal Mecánico e deste a
explicación de cada un dos animais que podemos atopar neste curioso
libro. O primeiro reto ao que nos enfrontamos é como e por onde comezar a ler.
Mecanistiario
é o conxunto de seres mecánicos creados polo Profesor
Chaparelli, científico do século XXV, que serán amosados con textos
diversos, tanto rimados coma non, xornalísticos ou narrativos..
Querido lector:
En el diario que ha llegado hasta mis
manos desde el futuro, el Profesor Titanio Tesla Chaparelli cuenta que
vive en el siglo XXV, en un mundo en el que todo es mecánico.
Después de muchos años de estudio,
convertido ya en un gran científico, participa en una visita virtual a
un zoológico de nuestro tiempo. Como en su época ya no quedan bichos
sobre la faz de la Tierra, cada nueva bestia que descubre se convierte
para él en un maravilloso acontecimiento, y queda muy impactado por la
experiencia. Enseguida se propone el objetivo de construir animales
reciclando un montón de chatarra, maderas viejas y unas cuantas vigas.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Recomendamos, Tres Tigres Tristes
30/03/15
Vestido animado
Jennifer López interpreta a súa canción “Feel the Light”, tema principal da película de animación “Home”, utilizando un vestido igual de animado cá película, xa que cobra vida xogando coas luces, realizando cambios de cor e texturas.
Atoparalo en Música
Las Meninas
Foi Rosa Huertas quen me recomendou este cómic que publica Astiberri: Las Meninas de Santiago García e Javier Olivares. Unha obra moi curiosa que segue o fío da investigación dun funcionario que recolle testemuños para conceder a Orde de Santiago ao pintor. Con estas conversas, vanse despregando as historias que podemos ler fragmentadas, dende o seu comezo, a súa amizade con Zurbarán, as súas viaxes a Italia, o seu posto na corte como retratista... De fondo, a construción do cadro que dá título ao libro que temos nas mans. Un cadro que supón para Velázquez a procura do verdadeiro sentido da pintura.
Asemade, temos outros saltos temporais porque viaxaremos a outras épocas para comprobar como outros artistas valoran ese mesmo cadro: Dalí, Foucault, Picasso, William Merrit... mesmo Buero Vallejo.
Esta complexidade non é outra que facer unha metáfora sobre o valor da cultura, sobre o papel do artista, ou tamén sobre o concepto de arte.
Chamáronme a atención os vigorosos dos autores, os saltos temporais, as tebras, os niveis de lectura... Realmente é unha obra á que paga moito a pena achegarse.
Atoparalo en Arte, Astiberri, Cómic, Recomendamos
29/03/15
Rompiente
Custoume a lectura deste libro que publica Bartleby, Rompiente de Jorie Graham, gañadora do Premio Pulitzer de Poesía Jorie Graham. Versos moi longos que fan da poesía denuncia agochada sen apenas percatarnos. Fala a poeta con voces plurais e singulares ao mesmo tempo, como asemade xoga co global co particular, interpelándonos a entrar na natureza do noso propio ser, que amosa a deformación existencial na que vivimos, que filosofa coa cotidianiedade e cunha natureza humana que resulta ser imprevisible pola nosa propia condición de ser humanos, é dicir, de dubidar de todo e ante todo. Por iso, todo é incertidume. Por iso, a realidade ten moitos significados, como a poesía. Porque a poesía non pode pecharse: as palabras emocionan cara a outras realidades e iso é, precisamente, o que posibilita que a linguaxe sobrevivia despois de ser falada, nomeada, utilizada... dando paso a unha nova simboloxía e a un novo significado. Quizais, dando paso a unha nova realidade.
“Lluvia. Y repercusiones. intocables. Los desagües tosen y se crispan, y escuchando
sin oír nos estre-
mecemos, el alma sonríe a la lluvia…”
“Guantánamo”
Luna menguante. Se alza ahora. Un crujido, se marcha. Profundasobre exhaustos continentes. Me asombro dice mi
plenitud. Nadie nadie dice la habitación en la que
yazgo muy quieta en la oscuridad observando. Tu corazón dice la luna, se mengua y se alza más. Dónde está. Tu
cautela, tus ojos tu dedo índice en
gatillo tu espina dorsal tu raciocinio—preferible
rechazar el contacto,
mantener la distancia, que mane de ti la sangre y las estrellas blancas te corroan, y el espino
que es tan blanco allí en el prado,
y la arena como sábana por las extensas playas, soldados que se aprestan, la rápida
mirada al cielo cuando las palabras clave, de plegaria, antes
de la captura, son pro-
feridas, escalofrío que no contiene odio pero no es amor, es neutral, sí, ex-
angüe, por ejemplo un brote cerca de donde
una mano descierra un
cerrojo de seguridad te llama
a voces, es un ejemplo del nadie-allí, y el sonido del agua se oscurece, y el viento
agita las hierbas, y sin
un grito fluye el frío como ojos de un perro
guardián, el guardián que fija su atención en la diferencia—solo la diferencia—y actos
cometiéndose en tu nombre, tus presos que llegan
a tu centro de detención, allí, en tus
ojos, la prisión, en la profundidad de tu pupila, el ablandamiento, tú entregando toda tu aten-
ción, tus ojos, tu celda, tu cautela, tu control,
después de todo es tuyo, sí, lo que has atrapado, aférralo, aferra
esto, aquí no hay ley, no estás expuesto a
enjuiciamiento, mira todo lo que quieras, se retorcerá para ti, ahí, en esta luz que se alza, protegido
de las consecuencias, haciendo de ti un
fantasma, sin un grito, sin un grito la
tarde se convierte en noche, las palabras parecían serlo todo y así
el equipo jurídico los declarará exentos,
exenciones para el drenaje de los lagos, para el asesinato de los mares, los esclavos en sus
aguas, no son de nuestra especie, exención que se llama
adelante, mezcla la sangre, toma de la carne, haz caja, prende fuego, postula el ecuador, oculta
el origen, di que estáis todos perdonados, di que son sólo
técnicas coercitivas de interrogación y contrarresistencia, como en dame tu
nombre, dámelo, te lo arrancaré, te lo re-
clasificaré, te ocultaré de ti, así mismo, solo un rato, no dolerá
mucho, piensa en un jardín, aparta tu mente de las
cosas, piensa mar, viento, trueno, raíz, piensa árbol que te mantendrá
erguido, imagina que te mantiene
erguido, elige ser quien eres, deprisa, elígelo, eso ayudará. La luna es más fría
de lo que piensas. Está llena de nada como
esta nuestra quietud. Intentamos que no se fijen en nosotros. Estamos en la quietud como si fuera
una vida otra en que infiltrarse. En nuestra piel
deslumbramos de inexistencia. Es un truco por supuesto pero a veces funciona. Si no lo
hace nos encontrarán, nos harán
gritar y arrastrarnos. Ansiaremos el perdón. No importa para qué, aquí no hay
hechos. Luna, ¿quién escribirá
el último poema? Tu velo echa a volar, su inutilidad hace sentir que aún
hay tiempo, ahora es cosa de dos,
me estás pidiendo que me pierda a mí misma.
En este desbordamiento de mi ojo,
lo hago.
Atoparalo en Bartleby Poesía, Lectura, Libros, Poesía, Recomendamos
Non á violencia contra as mulleres (CDVII)
Sobre o acoso nas rúas:
Atoparalo en Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
28/03/15
Imagina
Marabilloso álbum sen palabras de Aaron Becker que publica Kokoro, Imagina foi Premio ao mellor libro ilustrado infantil por parte do xornal "The New York Times" e "Medalla Caldecott" ao ilustrador máis destacado. O libro é unha extraordinaria viaxe á imaxinación, onde unha nena aburrida ante o incansable quefaceres dos maiores, colle o seu lapis vermello para debuxar unha porta pola que poder entrar. Aquí comeza o seu periplo que a levará a lugares con castelos, artefactos que voan, gaiolas, e máis lapis. Porque será este lapis o protagonista esencial da historia, ese que é quen de debuxar unha nova realidade. Todo é fantástico: a composición, a perspectiva, a cantidade de referencias, as cores, a historia, a intriga, o ritmos... Abrir o libro é botarse a voar, desexar posuír ese lapis vermello para comezar nós tamén esas miles de viaxes que, tantas veces, a nosa vida adulta esquece por falta de tempo. Pechemos os ollos con cada páxina e constrúamos un mundo noso polo que poder andar de cando en vez. Ben nos cómpre.
Un libro que resulta estrañamente imperativo. Unha delicia que hai que posuír. Como o noso propio maxín.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Kokoro, Premios, Recomendamos
Armas con historia
A organización 'States United to Prevent Gun Violence' abriu unha tenda en Nova Iorque na que cada unha das armas levaba unha etiqueta que explicaba que historia había detrás dela.
Vía
Atoparalo en Violencia
27/03/15
Terroristas
En moitos países son tratados como terroristas, perseguidos e encadeados. Amnistía Internacional así o denuncia:
Vía
Atoparalo en Dereitos Humanos
26/03/15
Donde nace la noche
Marabilloso libro de poesía ilustrada que nos trae a editorial Kalandraka, novamente por ser a gañadora do VII Premio internacional Ciudad de Orihuela de Poesía para niños, desta volta de Laura Forchetti. Donde nace la noche destaca non só polos seus poemas, todo un exercicio de reflexión suxestiva e emotiva onde destacan as sucesivas imaxes e que constitúen en si mesmas unha sorpresa, senón tamén pola delicadeza das súas ilustracións de María Elina. Son tan fermosas que o lector ou a lectora está desexando pasar a páxina para contemplar unha nova, para axexar esas noites frías que nos acompañan estes días onde o vento é o protagonista e o frío nos aterece. Mentres lemos, a calma noitébrega asoláganos cando percorremos verso a verso a contemplación da natureza en silencio, esa que cala e esa que ten o seu propio son, o seu propio corpo, o seu propio olor, a súa propia idiosincrasia. Cando nace a noite, todo é diferente. E así o destacan os poemas deste libro: hai noites sen luces e noites con lúa, hai noites estreladas cheas de desexos, hai noites perfumadas e outras nas que o ceo permite que paseemos pola area da praia esculcando o ronsel dos insectos na area.
Atoparalo en Ilustración, Kalandraka, Poesía, Premios, Recomendamos
Mensaxes ocultas
Exemplos enxeñosos de logos con dobre significado no seu deseño. Estes símbolos ou ben explican a natureza do negocio ou son unha representación visual intelixente do seu nome.
Vía
Atoparalo en Humor
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.