Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/03/15

Antoni Gaudí

Kalandraka sorpréndenos desta volta cun álbum biográfico sobre a figura de Antoni Gaudí da man de Dàlia Adillon Marsó, unha marabillosa oportunidade para achegarnos a esta emblemática figura e saber dela de xeito sinxelo. Resulta ben simple achegarse á arte e á vida dun personaxes tan emblemático así! O lectorado máis novo poderá percorrer e aprender sobre arte, escultura e arquitectura paseando polas páxinas deste libro, á vez que saberemos que a natureza foi a fonte de inspiración desta personalidade única que convertiu Barcelona no seu centro de interpretación e nunha cidade que hai que visitar para percorrer as súas obras.
Esta obra mereceu a mención do xurado do VII Premio Internacional Compostela de álbum ilustrado 2014.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.