Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/03/15

Dear Future Husband

Meghan Trainor presenta este videoclip con estética retro e letra... en fin, como clasificala; contén perlas coma estas: "serei a esposa idela, comprando golosinas", "se te desculpas, deixarei que probes o meu corpo", "se queres este amo especial, dime que son fermosa cada día e cada noite"... amén de cociñar e limpar para el, claro está. Vaia, que para conquistar e casar promete ser a perfecta ama de casa e cociñeira. Quizais esta moza pretendese facer algo irónico, non o sei. Visto un escaparate que vin ultimamente para a roupa de primavera, que queredes que vos diga, que o mundo vai bastante peor do que esperabamos...



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.