Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/03/15

Límites


Outro xeito de ver a deisgualdade de xénero.




A fotógrafa norteamericana Allaire Bartel creou o proxecto Límites, que apunta a capturar o que é ser muller nunha atmosfera de dominación do dereito do home.. Esta mostra comezou o ano pasado cando nun programa dirixido por ela discutíase sobre o que significa ser muller nun mundo dominado polo home, onde abondan as historias de violencia e abuso de xénero. Allaire Bartel comenta que quería crear unha serie de fotos que interpretara a conversa desde o seu propio punto de vista e expresar, a través das súas fotos, a idea da opresión en contra a muller e que esta non só ocorre en incidentes illados, tales como as violacións ou o abuso, senón que os seus efectos pódense sentir "de maneiras máis pequenas no día a día". Así fotografou estas imaxes que amosan unha muller profesional, nova e promedio en situacións rutinarias diarias. "O conecpto da dominancia do dereito de ser home represéntase mediante brazos e mans que realizan unha variedade de accións sosbre o seu corpo e vida, que son tanto agobiantes como intrusivas".



"En cada situación ela mantén unha expresión neutral, unha decisión visual que demostra o condicionadas que como mulleres nos volvimos para aceptar esta atmosfera como perdoable e mesmo como normal. Un estilo de procesamento dos post lixeiramente hiperreal implementouse para enfetizar que todas estas accións xa sexan a gran ou a pequena escala, perpetúan a idea de que ser muller non equivale a ser humano"


Vía

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.