Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/04/15

A situación da muller en 5 infografías

Cal é a situación das mulleres na política, os salarios, a violencia, os conflitos e os medios?



 Los medios y la mujer Info5 

Conflictos y las mujeres info3

 Salarios y las mujeres info2

Vía

29/04/15

A neve interminable



Volve o prezado mestre Agustín Fernández Paz a darlle unha volta a esa vida de misterio da que tanto goza con este novo libro A neve interminable que publica Xerais, un libro que contrúe unha ponte co famosísimo e súper-lido Cartas de inverno, publicado en 1995. Unha ponte de feitos que desafían a razón, xa que logo, de medo; porque o medo é iso: o produto de encararnos cun mundo  que non ten explicación, que racha coa convención do noso mundo racional. Podemos imaxinalo, pero aí está. Esta é a ponte que vén de rematar Agustín, paseemos por ela ben agarrados para non caer: hai trampas no camiño, buracos sen fondo, agarradeiras falsas, estradas incertas.

O mellor desta obra que vimos de ler, ademais de conter o bo facer de Agustín, é a variedade de historias que nos propón a trama principal, ese xogo de escritos e argumentos para escollermos cal nos gusta máis, unha historia de historias de diferentes voces narrativas que intercalan o que acontece cos contos que escriben @s protagonistas, esa mestura de pantasmas que foxen da soidade, vampiros moi familiares, monstros que ninguén ve e vinganzas eternas. Arredor destas, a tormenta perfecta, a que non ten fin e que sacode a relación cunha natureza que esquecemos respectar pero que sabe -tamén ela- vingar a súa autoridade. 
De fondo, unha homenaxe permanente e típica do autor, ao mundo do cine e a autores de referencia como  Howard Phillips LovecraftMary ShelleyLord Byron. Deste último mesmo poderemos ler na nosa lingua o seu poema apocalíptico "Darkness".
E todo isto xorde do interese de Agustín polas lecturas arredor do "Ano sen verán" en 1816, cunha translación semellante para pór nun lugar illado a un equipo de guionistas en circunstancias climáticas extremas.
Que lles acontecerá?

28/04/15

La pequeña Amelia se hace mayor



Paula Bonet e Elisenda Roca son as artistas que fan posible este precioso pop-up que publica Combel: La pequeña Amelia se hace mayor. Un libro que fala sobre a aventura de medrar dun neno pero desde a voz dun adulto. Cada cousa é susceptible de se converter nun acontecemento. E o máis curioso é que os obxectos teñen diferentes tamaños segundo a nosa estatura vaia mudando!
A estética da ilustración é que lle é característica a Paula Bonet con grandes meixelas vermellas e delicadas que alcanza no pop-up o seu máximo esplendor. (E que a min encántame!!!)



27/04/15

Mr Tutti y las 100 gotas de agua



Xa sabedes que me encantan os álbums sen palabras. Así que cando mirei este na libraría, xa me gustou. Pero cando o "lin", namoroume. Mr Tutti y las 100 gotas de agua está publicado por Barbara Fiore e é de Noh In-Hyung: unha metáfora preciosa de todos aqueles obstáculos que os pais deben solventar na educación dos seus fillos, o inmenso amor que os posúe e o feito de que farán o que cumpra por defendelos. Aínda que sexas un enorme elefante torpe coma neste caso, sempre loitarás por aquilo que máis amas: a familia. E é que este elefantón amoroso é un símbolo de todos os pais do mundo reflectido xa no seu nome.
Visualmente, ademais, é un álbum curioso porque o artista baséase no "pixel art", xogando coa atención do lector e da lectora, xa que un xogo que nos ofrece é descubrir aqueles  animais pequenos que están agochados e tamén a posibilidade de contar as gotas de auga que van quedando no cubo.
Que bonito é o amor!
Mr Tutti y las 100 gotas de agua recibiu o BIB Golden Apple Award 2013.




Pingas de reflexión

O artista inglés John Holcroft amosa na súa obra chea de ironía e humor unha mensaxe clara e directa na que critica algúns aspectos da sociedade actual:





























Grazas, Mar

26/04/15

Ramón Núñez - Síntoo

Galicia Encantada. O País das mil e unha fantasías

 Antonio Reigosa lévanos polo mundo da fantasía popular neste libro que publica Xerais: Galicia Encantada. O País das mil e unha fantasías é unha máis que acertada antoloxía do contro de tradición oral popular de noso, de agora e de sempre, xa que ademais das lendas tradicionais poboadas por mouras e mouros temos tamén lendas urbanas actuais nas que se fala do roubo de órganos humanos, por exemplo. Vinte e oito grupos son os elixidos por Reigosa para agrupar os contos: O Alén, Heroes e Heroínas, Toponimia, O Demo... unha viaxe no tempo e no noso ricaz imaxinario. E non esquezamos aprender na sección de "Sabías que", xa que todo o que alí nos contan está cientificamente comprobado! (Para curar a dor de cabeza hai que botar leite nunha bolsa de plástico, envolver nun pano, deitarse e aplicar o envolto enriba da cabeza ata que pase)
Lectura apaixoante que permite o gozo das lendas, dos ritos, dos sucedidos, da nosa Galicia máis máxica, esa que porfía na fantasía e que nos conta do seu propio espírito, unha alma encantada que nos deixa un ronsel de soños arquivados por Reigosa con cincuenta autores e autoras. Historias suxestivas que nos fechan os ollos nun mundo onírico de noso. Seres míticos, poderes, criaturas, amuletos, perigos, fontes... de todo hai neste imaxinario que non ten fondo, nesta guía enciclopédica dos encantos -e encantamentos- deste noso país.
Desde logo, se quedades con ganas de máis, que quedaredes, non tedes máis que pasear por   galiciaencantada.com, o espazo web creado e mantido por Antonio Reigosa en internet, xa que este libro é unha mínima parte dun amplo arquivo.

Di  Xabier P. DoCampo no prólogo desta obra que “a narración aspira a se facer memorable no sentido de ser digna de permanecer na memoria, despois  narrala é incorporala á experiencia propia, mais tamén á das persoas que escoitan, onde o sabido de oídas se acomoda ao pé do máis propio e faise experiencia” e remata: “Así foi sempre e así segue a ser, e seino porque eu veño dun tempo no que só existía o tempo e a palabra”.
   

Non á violencia contra as mulleres (CDXI)

Son responsable de non ser violada? Anna Akana, youtuber, fala satiricamente sobre a violación.


25/04/15

James - Moving On

Fermoso este vídeo sen dúbida:


Libros que cobran vida

Do Facebook de "Yo soy lector" collo esta serie de fotografías onde o artista Pierre Beteille combina o seu gusto pola lectura coa maxia dixital para crear unha serie de autorretatos divertidos e inspiradores:

 El idiota, de Fedor Dostoievski  

 El libro rojo, de Mao

 El retrato de Dorian Gray, de Oscar Wilde

Escritos de un viejo indecente, de Charles Bukowski

 Esposa intocable, de Barbara Cartland

Juan Salvador Gaviota, de Richard Bach

La Biblia

La guerra de los mundos, de H. G. Wells

La naúsea, de Jean Paul Sartre

La peste, de Albert Camus

Las aventuras de Pinocho, de Carlo Collodi

Lo que el viento se llevó, de Margaret Mitchell

Los viajes de Gulliver, de Jonathan Swift

                                                     Robinson Crusoe, de Daniel Defoe


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.