Moito temos que agradecer á editorial Kalandraka. Desta volta, por traernos a Maurice Sendak, descubrírnolo, agasallárnolo na nosa lingua e ofrecernos a oportunidad de "flipar" cun álbum nas mans que non queremos pechar. Máis alá da fiestra, última publicación -de momento- do "ano Sendak" da editorial é un libro para demorarse. Para mirar pola ventá e soñar. Para lembrar que debemos saír por ela correctamente. Porque é a ventá un elemento importante da lectura que nos ocupa, unha lectura que require atención e tempo para perderse nas ilustracións tan incribles que nos ofrece -coa influencia de pintores románticos alemáns- e a historia -habitual nel, afastada de toda ñoñería- que nos atrapa.
A fiestra é unha metáfora que conxuga un mundo real cun mundo fantástico, e desta conxunción poden saír ou aflorar todo tipo de medos. A aquilo que tocamos e a aquilo que non é tanxible pero que semella real. Por iso dicimos que aquí é fundamental, porque a nena protagonista sae por ela para converterse en salvadora pero faino "despistadamente" e así non é como funciona o mundo que ela comeza a percorrer. Estes medos tradúcense nun poema visual e sonoro que ofrece moitas lecturas, unha reflexión sobre os ciumes e sobre a infancia afastada de estereotipos bondadosos.
Un libro que Sendak concibiu como homenaxe á súa irmá, quen o coidaba cando el era pequeno.
Parece ser que a historia está inspirada no impacto que lle produciu no ano 1932 o secuestro do bebé Lindbergh, asasinado con menos de dous anos de vida.
Un libro para atesourar. Como boa alfaia que é.
Un libro para atesourar. Como boa alfaia que é.
Sen comentarios
Publicar un comentario