Colgueino hai un ano pero desapareceu o vídeo, polo que volvo a el:
Tres anos de rodaxe en dez país e máis de cen
entrevistas nunha ducia de idiomas para dar voz ás mulleres que
sofren violencia sexual nas guerras. Este documental de Hernán
Zin é unha contundente denuncia da pasividade do mundo ante o uso
do corpo da muller como campo de batalla. E unha homenaxe a estas
mulleres que seguen adiante coas súas vidas a pesar de todo e que se
animan a levantar a voz para que estes terribles feitos non se sigan
repetindo.
Sen comentarios
Publicar un comentario