Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/06/15

Iliana, la niña que escuchaba al viento


Bruño publica este álbum de Antonia Rodenas con ilustracións de Carme Solé Vendrell, Premio Nacional de Ilustracións, para falar da ausencia, da morte: Iliana, la niña que escuchaba al viento.
A perda, neste caso da nai, está tratado con sensibilidade, ademais de ser un canto á amizade. A natureza, asemade, convértese en axente fundamental do libro, xa que será o vento o encargado de acariñar esa nena que perdeu o seu ser máis querido. O libro, formato grande, deixa gozar tamén das ilustracións desta grande dese mundo, impregnando de vida e morriña as súas páxinas, dotando cada ilustración dunha expresividade singular. Ao final, sempre a esperanza.
Moi interesante resulta, coido, que a familia protagonista sexa xitana, algo que non adoita suceder.

«Todo se volvió gris, era como si el sol hubiera dejado de calentar aquella casa y todos se quedaran helados.
Y desaparecieron las historias, la música y las palmas.
Desapareció el olor a primavera.»


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.