Que pensabades, que iades marchar de vacacións sen as nosas recomendacións de lectura? Imposible! Non só queremos que leades, e moito, senón que queremos que o fagades na nosa lingua. A boa Literatura galega e as boas traducións permítennos asegurarvos un verán cheo de soños, poesía e ilustración. Para todas as idades e para todos os gustos. Porque a poesía non se le só unha vez ao ano celebrando o Día da poesía, porque a fantasía non ten estacións, nin a banda deseñada ten un tempo determinado: o verán permítenos ollar o mar, o horizonte, e os soños... cun libro na man. En galego.
A nosa guía é moito máis ca unha guía. É unha conxunción. Esa que amosa o traballo colaborativo e o cariño de dúas persoas que a vida permitiu que se cruzasen nun determinado momento. Ambas cren e aman en galego. Ambas están convencidas de que o ensino é requirir que a cultura goberne un futuro necesario. Esta guía de lectura é o noso achegamento deste curso. Forcarei e Lalín únense. IES Chano Piñeiro e IES Laxeiro xuntan forzas lectoras.
LEMOS NO VERÁN. LEMOS EN GALEGO
LEMOS NO VERÁN. LEMOS EN GALEGO
INSTRUCIÓNS
Descarga directa
GUÍA EN ISSUU
Sen comentarios
Publicar un comentario