Este é un deses álbums que te conquistan polos sentidos, os do olfacto, o do tacto e o da vista. É imposible non ulilo, non saborealo, non percorrelo. Estamos a falar de Dibujo de una ciudad de Teju Behan (o Tejubehan) que publica Thule. Un libro feito a man, fabricado artesanalmente, serigrafiado, onde a arte e o deseño xúnguense para amosarnos a autobiografía da súa autora, artista autodidacta que conta a súa vida dende a nenez ata unha adolescencia marcada pola emigración, a pobreza, o chabolismo; logo vén a arte, a canción, o debuxo. O que temos entre as mans. Unha historia, unha vida.
Marabilla.
Sen comentarios
Publicar un comentario