O premio Astrid Lindgren deste ano foi para PRAESA, unha organización con sé en Cidade do Cabo que desenvolve, desde que a fundara en 1992 o académico Neville Alexander,
un proxecto para promover a lectura e a literatura entre nenos e mozos de Sudáfrica. A organización dedícase a amosar ao mundo o papel crucial que teñen os libros e contos para encher de ledicia as vidas destas persoas. É unha das primeiras organizacións sudafricanas en utilizar os libros en diferentes idiomas para axudar a construír unha cultura da lectura.
Vía
Sen comentarios
Publicar un comentario