Última entrega, de momento, desta serie de libros que hoxe ocupa o noso espazo lector diario, esa marabilla escrita por Else Holmelund Minark que conta coas ilustracións de Maurice Sendak e que publica Kalandraka. Certamente, as ilustracións son unha auténtica gozada, e dános unha dimensión do traballo deste home que adoramos como autor e idolatramos como ilustrador. A súa arte é única e ben especial! En Papá Oso volve á casa volvemos ter a vida doméstica como protagonista, aínda que agora o espazo familiar sexa ocupado polo pai en lugar da nai, un pai que serve de modelo para o fillo, quen soña en parecerse a el e que ademais atrae coa súa imaxinación a todos os amigos do bosque que permanecerán atentos ao regreso do pai e os seus estrambóticos agasallos... que quizais, só quizais, existan. Ademais, a vida continúa, e as escenas cotiás sucédense.
Unha serie de libros cheos de tenrura absolutamente deliciosos moi aptos para a lectura en voz alta e o xogo coa rapazallada que escoite.
Sacarémoslles partido!
Sen comentarios
Publicar un comentario